venres, 27 de febreiro de 2015

PRAZO DE MATRÍCULA 2014/15

A partires do 1 de Marzo de 2014 ábrese o prazo de admisión de novos alumnos/as para o vindeiro curso 2014-2015. O prazo e lugar de entrega é do 1 ao 20 de Marzo no centro en horario de 09:20 a 14:20 h.
Os impresos de solicitude (Anexo II) poderán recollerse no colexio ou descargalos pulsando aquí Tamén deberán entregar a Ficha de Recollida de Datos que tamén a poden descargar pulsando aquí .
A documentación que teñen que entregar poden descargala de aquí e a ficha de datos aquí.
O centro organiza unhas xornadas de portas abertas o 11,12 e 13 de Marzo de 2014 en horario de tarde de 16:00 a 18:00 h.
Poden descargar a normativa reguladora do procedemento de admisión pulsando aquí. Tamén poden descargar as instruccións do Xefatura Territorial e as instruccións da Consellería de Educación.
Os postos escolares ofertados poden descargalos pulsando aquí
O prazo para formalizar a matrícula é dende o 20 ao 30 de xuño. Para elo teñen que entregar o documento de formalización da matricula (Anexo III) que tamén o poden descargar aquí
Este centro está adscrito ao IES Porto do Son.
Os Servizos Complementarios que ofertamos son o Servizo de Autobús.


INFORMACIÓN DE INTERESE
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar
Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.



mércores, 11 de febreiro de 2015

Plantamos frutais

Dentro do programa Voz Natura os nenos e nenas fixemos unha plantación de frutais no noso patio.
As árbores que plantamos foron cerdeiras,pereiras, maceiras,...

Todos os nenos e nenas amosaron a súa habilidade para traballar na terra.

Deixámosvos unha cantas imaxes para que disfrutedes.

Pincha na imaxe para ver máis fotos.