mércores, 2 de setembro de 2015

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Orde do 25 de agosto do 2015.

A QUEN VAI DIRIXIDA A AXUDA?
Ao alumnado de primaria.

AS AXUDAS SON COMPATIBLES CAS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO.

REQUISITOS:
- Ser nai,pai ou titora/o do alumnado sostido con fondos públicos.
- Non estar nas prohibicións de beneficiaria/o , recollidas no artigo 10 da lei 9/2007 do 13 de xuño.
- TER UNHA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR IGUAL OU INFERIOR A 5400 EUROS

PRAZO DE SOLICITUDES
1 mes.
Data de inicio o 2 de detembro do 2015
Fin do prazo o 1 de outubro do 2015.

SOLICITUDES.
Todas as solicitudes deberán adxuntar a documentación esixida ou ben autorizar a consulta dos datos de identidade tributarios.
Os datos da unidade familiar e a súa composición serán a data do 31 de decembro do 2013.
Nesta axuda non se fai diferencia da familia monoparental e de resto de familias, respecto o tramo de renda e contía da axuda.
Renda per cápita. Considérase a do exercicio 2013 ,igual que na axuda dos libros de texto.
Pero habendo un único límite , podendo aceder soamente o alumnado de renda per cápita da unidade familiar sexa igual ou inferior a 5400 euros.

Alumnado con tutela ou garda da xunta ten dereito a axuda independentemente da renda per cápita.

Contía da axuda 50 euros por alumna/o

Tramitación: Solicitude ED330F . Aplicación informática ou pedidal ana dirección do centro.
Descarga da solicitude :AQUÍ